Xa no primeiro trimestre o alumnado de ESO desprazouse ata Ourense para realizar , coma noutras ocasións o roteiro de A esmorga. Foi unha actividade literario-deportiva,os alumnos levaban por grupos un mapa de orientación para atopar cada una das placas e, identificado o achadego, procedían á lectura en voz alta de cada unha delas, facendo comentarios sobre a lingua de Cibrán Canedo, o narrador da novela. O máis chamativo foi o entusiasmo dos rapaces por atopar as placas e o gañador foi o grupo de Kevin Biéitez, de 2ºB, que foi agasallado cun roteiro plastificado a toda cor.
lunes, 27 de enero de 2014
miércoles, 18 de diciembre de 2013
MES DE DECEMBRO, MES DE NADAL
CÁLIDO DECEMBRO
Decembro é mes de matanzas e nadal, de comer quentiño. De tomar café e facer filigranas coa súa escuma mentres desfrutas da mellor conversación.
Decembro ha de ser quente se o coces ben e a lume lento.
É tempo de comezo e remate: un folio en branco sobre fondo gris para rescribir o guión da vida.
Decembro é cándido se dás un paseo polas nubes e sentas nelas a escoitar o mellor conto do mundo.
É cándido se en cada val reparas nas casas cal cachimbas botando fume branco co que se fan os mellores doces de merengue e nata. Tan branco coma os abrazos.
Este decembro ha ser branco e doce, de iogur e marmelo, porque o has de mirar con lentes de cerca e lúa chea.
domingo, 15 de diciembre de 2013
martes, 19 de noviembre de 2013
miércoles, 6 de noviembre de 2013
lunes, 28 de octubre de 2013
Primeiros traballos presentados
RECEITA DE OUTONO "CHULAS DE CABAZO"
Ingredientes:
1 cabazo de 700 gr
300 gr de fariña
100 ml de leite
3 ovos
125 gr de azucre
1/4 vaso de anís
raiadura de limón
sal / aceite
Pélase o cabazo, córtase en pedazos medianos e cócese en abondosa auga. Escóase e faise puré.
Sepáranse uns 500 gr de puré e engádeselle a fariña, o leite , os ovos, o azucre, o anís e un puntiño de sal, aromatizando coa raiadura de limón.
Mistúranse todos os ingredientes ata que quede una misturanza un pouco compacta.
Cóllense pequeñas cantidades de masa e frítense en aceite abundante. Escóanse se bótase azucre e canela.
BO PROVEITO!
domingo, 6 de octubre de 2013
CONVOCATORIA “CONCURSO
OUTONANDO”
Xa estamos aquí de novo…
dando a tabarra, moita tabarra! Porque o que queremos é mover e remover os
espíritos creativos. O outono é unha estación moi xenerosa en cores e
alimentos, isto seguro vos dá unha idea para inventar, investigar,
probar…(debuxos, manualidades, receitas, contos de medo ou outros, lendas, fotos,
poemas…)
ÁNIMO! TODO O OUTONO É
VOSO!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






